Data de inicio:
Sábado, 14 de marzo ás 21 horas.
PEGADAS de Casilda Garcia Alfaro.
Dirección de Etelvino Vázquez Pérez.
Ficha Artística:
Actriz: Casilda Alfaro. Técnico: Hector Pazos. Música: Anxo Graña. Iluminación: Salvador del Río. Fotografía e Deseño: Diego Seixo. Dirección: Etelvino Vázquez.
Sinopse:
Cada pegada é o recordo dunha obra, dunha escena, dun personaxe. E de personaxes quero falarlles, dos personaxes que me acompañaron ao longo da miña vida teatral e das pegadas que quedaron na miña memoria e tamén na de vostedes os espectadores.
Son muleres, mulleres e un home, que viviron perdidos nun tempo, máis que non se foron de todo, quedaron sempre as melodías das súas voces e fican anicadas por algún agocho, e ás veces falan así, por sorpresa, para volver ao seu recuncho deseguido.
Son pegadas que foron quedando e ao mesmo tempo mudando a súa face.
É, se cadra, unha mirada cara atrás, ou tal vez unha parada para a reflexión, para facer balance, para facer unha análise do que queda, do pouso, ou ao mellor é simplemente un repaso de momentos, dalgúns momentos.
Seguro que é iso, momentos vividos e compartidos. Vividos e tamén perdidos nas horas do tempo non vivido, máis dos que sempre quedan restos, vestixios agachados nalgún punto da memoria, como cando a presada da area esvara por entre os dedos e non queda máis que o apresto das súas formas, ou como cando as ondas borran as pegadas na praia e só fica o rumor da area mudada.
Idioma: Galego.
Duración aproximada: 60 minutos.
Venda de Localidades.
O mesmo día:
Despacho de Billetes do Auditorio.
De 19:00 a 21:00 hs. (2 horas antes do comezo da función).
Prezo: 5€.


