Data de inicio:
Venres, 4 de decembro (21:00hs.) e sábado, 5 de decembro (22:30hs.)
TEATRO DE NINGURES Presenta: ÑAQUE OU DE PIOLLO E ACTORES
Autor: Sanchis SinisterraDirección: Salvador del RioEscenografía: Diego SeixoSon: Alberto BarreiroIluminación: Salvador del RioVestiario: Ningures
Elenco artístico / formación: Santiago Cortegoso e Fran Parades.
Solano e Ríos, dous "famosos representantes" do século XVII, entran arrastrando un vello arcón que encerra todo o seu "aparato" teatral. Chegan ó aquí e ó agora da representación procedentes dun longo vagabundeo a través do espazo e do tempo. Teñen que repetir ante o público un espectáculo, a medio camiño entre o relato e a interpretación, pero o cansazo, o aburrimento, a fame, as dúbidas e os temores atrasan, interrompen unha e outra vez a súa actuación nun diálogo conciso e entrecortado, paradóxico, a miúdo intercambiable, que reflexa as contradicións entre o ser e o estar do home no mundo, que plantexa a situación da nosa existencia, entre a supervivencia e a morte. Un diálogo vivo e cheo de enxeño, a través do cal rememoran feitos, intercámbianse anécdotas, parodian actuacións..., todo salpicado de moito humor e sentido do popular.
A condición do actor e a súa posición na sociedade, concretada na súa relación co público é a temática sobre a que xira, deambula e discorre a trama textual de Ñaque. Condición precaria, xa que a súa debilidade e a súa forza dependen dese encontro fugaz e sempre incerto con ese ser múltiple e descoñecido que asexa dende a penumbra da sala e, aparentemente tan só mira e escoita, que é o público.
+info: www.teatrodeningures.com
Venda de localidades:
Prezos: Adulto: 4€. Carné xove, estudante, familia numerosa e +65 anos: 2€.
Venda anticipada: www.servinova.com / telefono: 902 504 500
O día da función: Despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo da función).


