Data de inicio:
Xoves, 15 de decembro ás 21:00 horas
TEATRO DE NINGURES Presenta: 0´7 MOLOTOV de Santiago Cortegoso.
OBRA GAÑADORA DO XIV PREMIO DE TEATRO RAFAEL DIESTE
ACTORES: Rocío González, Salvador del Río
BAILARÍNS: Armando Martén, Ana Beatriz Pérez
TÉCNICOS DE LUZ E SON: Héctor Pazos e Diego Camaño. ESCENOGRAFÍA: Pablo Giráldez “O Pastor”
DESEÑO DE VESTIARIO: Marián Bañobre. BANDA SONORA ORIXINAL: Anxo Graña. DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Paco Alfaro. DESEÑO GRÁFICO E FOTOGRAFÍA: Diego Seixo. AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Pepa Barreiro. DIRECCIÓN: SANTIAGO CORTEGOSO.
ELA -neohippy solidaria- acaba de chegar de África.
EL -nihilista solitario- contrátaa para facer a vendima.
ELA namórase do vento que sobe do río. Descobre un lugar no que atopar unha identidade libre de conflitos, no que ser auténtica.
EL está de volta dunha vida urbana hipócrita, na que vendeu a conciencia e a coherencia política en cómodos prazos.
As uvas deste ano prometen un viño intenso, aromático, doce no padal. Pero a colleita non vai rematar.
Nin as vides poden escapar das gadoupas dun capitalismo salvaxe que se expande coma o vento ata o máis afastado recuncho do mundo.
VENDA DE LOCALIDADES
O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio: de 20:00 a 21:0horas.
Prezo da entrada: 5€


