Ir o contido principal

TEATRO DE NINGURES Presenta: 0,7 MOLOTOV

TEATRO DE NINGURES Presenta: 0,7 MOLOTOV
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

Sábado, 26 de marzo ás 21:00horas (9 da noite) Domingo, 27 de marzo ás 20:00horas (8 do serán)

TEATRO DE NINGURES Presenta: 0,7 MOLOTOV de Santiago Cortegoso

OBRA GAÑADORA DO XIV PREMIO DE TEATRO RAFAEL DIESTE

 

Reparto:

Neohippy solidaria Rocío González
Nihilista solitario Salvador del Río
Interior dela Armando Martén
Interior del Ana Beatriz Pérez


 

Equipo artístico e técnico:

Escenografía : Pablo Giráldez “O Pastor”. Deseño de vestiario: Marián Bañobre. Banda sonora orixinal: Anxo Graña. Deseño de Iluminación: Paco Alfaro. Deseño gráfico e fotografía: Diego Seixo. Técnicos de luz e son: Héctor Pazos e Diego Camaño. Xastrería: Raquel Martínez. Produción: Salvador del Río. Coreografías: Ana Beatriz Pérez e Armando Martén (Compañía de Danza Entremáns). Axudante de dirección: Pepa Barreiro. Dirección: SANTIAGO CORTEGOSO


Sinopse:

No contexto dunha hipócrita e consumista sociedade occidental, na que a solidariedade, o compromiso político e as conciencias se mercan en cómodos prazos, EL -nihilista e solitario- contrata a ELA –neohippy solidaria recén chegada de África- para que lle axude a vendimar as uvas que o afastan das gadoupas dun capitalismo globalizado e salvaxe, que se expande como un gas que non pode evitar respirar nin no máis afastado recuncho dun mundo inxusto e contraditorio. ELA, sedenta dunha identidade libre de conflitos, expía as súas culpas entre a terra, as estrelas e un vento que os devolverá ao comezo do viacrucis.

Duración: 80 minutos.

 

Venda de localidades:

O día da función: Despacho de billetes do auditorio.
2 horas antes do comezo da función.

 

Prezo da entrada: 8€