Ir o contido principal

TEATRO DE CADAQUEN Presenta: JAS (Jalisian Alternatif Sport)

TEATRO DE CADAQUEN Presenta: JAS (Jalisian Alternatif Sport)
Fecha de inicio Data de inicio:

Xoves, 14 de abril ás 21:30 horas

 

TEATRO DE CADAQUEN Presenta: JAS (Jalisian Alternatif Sport)

 

Idea orixinal, guión e todo o que se vos ocurra…: Teatro de Cadaquén

Dirección: Anxo Lourido

Elenco: Sergio Casás, Manuel Chapela e José Calvar

Música e Iluminación: Anxo Lourido e Oscar Cerqueira / Atrezzo e Vestiario: Diego Igle, María Menduiña e Manuel Chapela / Infografía: Millán Dasairas / Producción: Manuel Chapela

 

Teatro de Cadaquén ó longo da súa historia estivo sempre moi relacionado co mundo deportivo. Presentou e amenizou galas do deporte, participou na inauguración de infraestructuras, e encárgase ano tras ano de poñer “patas parriba” os 10 kms Cidade Universitaria. Contaxiados pola febre dos últimos éxitos deportivos e contando co elenco máis en forma da esfera teatral galega, damos un pasiño máis e poñémonos o pantalón curto para xogar co deporte enriba do escenario. JAS, como o seu nome indica, é un espectáculo con moita chispa. Un auténtico disparate cómicodeportivo deseñado para sorprender e esternicarse da risa.

 

Venda de localidades:

Despacho de billetes do Auditorio.

2 horas antes do comezo da función.

 

Prezo da entrada: 5€.