Data de inicio:
Sábado, 21 de xaneiro ás 21:00horas.
TALÍA TEATRO Presenta: PELOS NA LINGUA
Autoria:
Avelino González, Séchu Sende, María Ordóñez, Artur Trillo.
Dirección:
Avelino González.
Intérpretes:
María Ordóñez, Toño Casais, Artur Trillo.
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso. Iluminación: Dani Trillo. Fotografía e vídeo: Rubén Prieto. Cartel: Kiko Dasilva. Música original: Dani Trillo. Axudantes de dirección: Diego Rey, Dani Trillo.
Unha comedia, que dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto.
Distintos autores e autoras galegas participaron na creación deste espectáculo que interpretan Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez baixo a dirección de Avelino González.
Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua.
Achégaselle información e fotografías en documentos adxuntos.
+info: www.taliateatro.es
VENDA DE LOCALIDADES
O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio: de 19:00 a 21:00horas.


