Ir o contido principal

TALÍA TEATRO presenta: LAMBATADAS

LAMBATADAS
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

Sábado 28 de decembro ás 12:30 horas.

 

Elenco:María Ordóñez e Diego Rey.

Autoría:  María Canosa, Séchu Sende e Santiago Cortegoso.

Dirección Santiago: Cortegoso.

Escenografía e iluminación: Dani Trillo. Vestiario e caracterización: Martina Cambeiro. Deseño gráfico: Fausto Isorna

Fotografía e vídeo: Rubén Prieto. Producción e distribución: Auri Ferreiro e Artur Trillo. Axudante de dirección: Martina Cambeiro.

Lambetadas é un espectáculo para público familiar e infantil, recomendado para nenas e nenos de 6 a 11 anos de idade, que ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. O traballo de creación baséase nos textos encargados a varios autores (Santiago Cortegoso, Sechu Sende e María Canosa), que son levados a escena baseándose no universo do clown e nas técnicas do teatro de obxectos. Mediante o xogo escénico e o humor, os dous protagonistas han pasar por diversas situacións cómicas que os levarán, sempre desde unha linguaxe naif e inocente, a encarnar múltiples personaxes descubrindo que a identidade está na propia lingua, porque con ela se poden saborear as lambetadas máis doces e variadas.

 

Sinopse:

Dous personaxes excéntricos entran en escena. Como non saben quen son, nin de onde veñen, nin cara a onde van, non lles queda máis remedio que coñecérense, tanto un ao outro como a eles mesmos. O que descobren é que para atopar a súa identidade deberán saber o que lles pasa ás súas  linguas. Por que sen unha lingua propia chea de saúde non se poden lamber as lambonadas, que é o máis rico que hai.

Hai linguas e linguas. E non hai unha igual cá outra. Iso si: cada quen lambe coa súa. Non vai lamber con outra.

Porque se tes unha lingua tes que empregala. E vale para lamber calquera cousa. E falar de calquera cousa. En calquera situación. Por que todas as linguas valen para o mesmo. Para entenderse. Para comunicarse. Para dicir o que cada quen queira dicir. E para lamber o que cada quen queira lamber. Para lambiscar e gozar, para darse gusto.

 

Venda de localidades:

O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, de 10:30 a 12:30 horas. (2 horas antes do comezo da función).

Prezos: 5€.