Data de inicio:
Escenografía: Dani Trillo.
Iluminación: Afonso Castro.
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Música: Manuel Riveiro
Interpretación: Toño Casais, Dani Trillo, María Ordoñez, Artur Trillo.
Sinopse: Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un resistente. Un dos últimos homes do monte. Dos que a xente podía chamar, xenericamente, un ‘foucellas’. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Ou si. Quen sabe! Firmeza, teimosía, dúbida, certeza, lealdade, inercia, utopía, inxenuidade, rebeldía, resignación, adaptabilidade, determinación... as armas dunha crúa batalla dialéctica nun tempo terminal.
Ficción, mito e realidade nunha proposta para pensar un momento histórico... o pulso metafórico sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza, a administración da derrota.
Duración: 80 minutos.
Idioma: Galego.
Anticipada: www.ataquilla.com (en google: ataquillacangas) // Tfno.: 902 504 500.
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo da función).
Pensionistas e xubilad@s, demandantes de emprego, carné xove e estudantes: 5€.


