Data de inicio:
Domingo, 22 de novembro ás 19:00hs.
ILUSIONISTA PEDRO VOLTA Presenta: SUEÑOS ALUCINANTES
Pedro Volta fará realidade os soños que tiña de neno. A través dunha caixa na que garda xoguetes e obxectos da súa infancia vai levando ao espectador a un mundo de fantasía facendo incribles e sorprendentes números de maxia ao mesmo tempo que conta historias máxicas. Un Peter Pan moderno disposto a quedarse para sempre no marabilloso país de nunca máis. Unha hora e cuarto na que toda a familia poderá ver como Pedro Volta fai desaparecer un coche Hummer teledirixido dun metro de longo, como se transforma nun cazafantasmas, debuxos que cobran vida, unha lúa que voa sobre o escenario ou un camión de bombeiros máxico que fai que o escenario énchase de neve de verdade creando un momento realmente belo e espectacular. Os adultos volverán viaxar á infancia e os nenos gozarán dun mundo fantástico creado por Pedro Volta, Un novo estilo de maxia moi teatralizada. “Cando era neno soñaba con ser mago e agora que son mago soño coma un neno”. Pedro Volta.
Venda de localidades:
Prezos: Adulto: 4€. Carné xove, estudante, familia numerosa e +65 anos: 2€.
Venda anticipada:
O día da función: Despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo da función).


