Ir o contido principal

SONDESEU ORQUESTRA FOLK DE GALICIA presenta o seu novo e 5 dico: BEIRALÚA

SONDESEU
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 19 de maio ás 21:00 horas.

 

Beiralúa, o novo traballo fonográfico de Sondeseu invita á danza colectiva, á colaboración de artistas e compositores na elaboración dun repertorio variado que recolle diversos enfoques na creación musical. Ademáis dos compositores e arranxistas habituais - Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Rodrigo Romaní ou Xosé Liz - en Beiralúa atoparemos obras creadas para a Orquestra por nomes como Xosé Lois Romero, Pedro Lamas ou Quico Comesaña, xunto coa presenza de invitados como Susana Seivane, Orfeón Treixadura ou Rosa Cedrón. Dun xeito especial, Beiralúa recolle unha obra particularmente creada por Anxo Pintos para a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, chamada "San Martiño".

A beiralúa é o espazo onde se atopan os exploradores dos roteiros da imaxinación. Nas marxes da lúa pódense intuir as peculiares (an)danzas destes seres, onde mesturan as soidades do pensamento e as fuxidas da mente, coa xuntanza veciñal para afinar os sentidos. Ao caer o sol, centos de dedos entrasnados debuxan no aire caprichosos sons que invitan a manterse en movemento. É o único xeito de ficar ao carón da lúa, de gozar destes momentos únicos e de mantela entretida… antes de que peche.

Dende a terra, moitos miran de esguello este lugar. Saben que hai momentos do día en que algo acontece. Quizáis so agardaban esta invitación sonorapara vir percorrela. Quedamos na beiralúa.

Marta Barreiro

 

Venda de localidades:

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo do concerto.

Prezo: 10€.