Ir o contido principal

SARABELA TEATRO presenta: NORMAS PARA SABER VIVIR NA SOCIEDADE ACTUAL

NORMAS PARA SABER VIVIR NA SOCIEDADE ACTUAL
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 24 de febreiro ás 21:00 horas.

Autor: Jean Luc Lagarce.

Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda.

Elenco artístico: Fina Calleja, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo e Vadzim Yuknevich.

Adaptación: Ánxeles Cuña Bóveda. Escenografía:Baltasar Patiño. Deseño son:  Vadzim Yuknevich. Deseño iluminación: Baltasar Patiño. Vestiario: Ruth D. Pereira. Música:Vadzim Yuknevich. Coreografía: Ana Beatriz Pérez.

Idioma: Lingua galega.

Clasificación: Teatro / Comedia.

Duración: 75 min.

Sinopse:

"Nacer non é complicado. Morrer é moi doado. Vivir entre estes dous acontecementos non é necesariamente imposible"

Baixo a forma dun divertimento irónico escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocresía, fai imposible a sinceridade. O autor contemporáneo máis representado en Francia escribiu en 1993 esta crítica a unha sociedade chea de regulamentos. Para iso, partiu dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente Baronesa Staffe (a autora era en realidade unha señora da alta burguesía francesa de provincias). Lagarce suscita un texto irónico, cómico e en aparencia lixeiro sobre as regras que goberna no saber vivir na sociedade, cos seus sen sentidos e hipocresías, para finalmente poñer en ridículo os nosos convencementos modernos.

 

Venda de Localidades.

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O día da función: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo do espectáculo).

Prezo: 5€.