Data de inicio:
Xoves, 29 de decembro ás 18:00 horas
Elenco:
Nena - Laura Míguez
Xeadeiro - Guillermo Carbajo
Profesor Sorsor - Carlos Álvarez-Ossorio
Dirección:
Alex Sampayo
Texto:
Alex Sampayo e Borja F. Caamaño
Produción:
Redrum Teatro
Sinopse:
"A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinándolle que dentro de cada un de nós agóchase unha persoa única e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos"
A Nena Que Quería Navegar é o novo espectáculo de Redrum Teatro. Unha obra musical que trata de visibilizar e paliar as consecuencias do acoso escolar a través de técnicas de reforzo positivo e mellora da autoestima. Un espectáculo optimista, colorista, emocionante, reflexivo, festivo que non podedes perder.
Xénero:
Comedia musical familiar
Idioma:
Galego
Duración:
50 minutos
Público:
Infantil e Familiar
Venda de Localidades.
Anticipada: Ataquilla.com
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 16 a 18 horas.
Prezo: 8€


