Data de inicio:
Elenco:
Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, María Costas, Ana Sanmartín, Santi Romay
Autor:
Roland Topor
Traducción / adapatación:
Quico Cadaval
Deseño de luz: Octavio Mas. Música e deseño de son: Piti Sanz. Deseño de escenografía: Marcelino de Santiago, “Kukas”.
Dirección: Quico Cadaval
É unha obra que imita, para mofarse, a forma da comedia burguesa de sofá e moble-bar. Todo acontece nunha luxosa casa de campo clónica inscrita nunha urbanización de nivel alto. Ao dono parece que lle vai ben na vida: é alto funcionario do estado, e recebe a visita de fin de semana do seu mais estreito colaborador, un trepa que ven para mostrar a sua nova esposa, un símbolo de status económico. A lista dos quiméricos inquilinos complétase co fillo dos propietarios, que é grande demais para que lle muden os cueiros, e unha au-pair sueca que non lle importa facerllo. Os paxaros cantan, o sol brilla e todo está tan limpo que se podería comer no chan da garaxe... até que comezan os problemas: os W.C. entúpense e non hai onde ir. Os dous funcionarios teñen que mudar o seu plano de relax de fin de semana por algo máis astrinxente: son policias e o seu deber é saber de onde sale toda aquela merda. As suspeitas crúzanse, os ollos espían de perfil, os narices enrúganse con desagrado, as sombras deslízanse na noite... Todo baixo a enigmática ollada da Gioconda, que parece dicir: En todo este asunto hai algo que cheira moi mal.
+Info.: www.excentricas.net
Venda de localidades:
Despacho de Billetes do Auditorio.
2 horas antes do comezo da función. De
Prezo: 8€.


