Ir o contido principal

Projecto [´Trépia] Presenta: Trépia 1punto3

Projecto [´Trépia] Presenta: Trépia 1punto3
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres, 14 de maio ás 22:30 horas

Projecto [´Trépia] Presenta: Trépia 1punto3

 

Autor: Projecto [´Trépia]
Dirección e adaptación: Xandre Outeiro

Escenografía: Projecto [´Trépia] / Deseño de son: Xandre Outeiro / Deseño de iluminación: Projecto [´Trépia] / Vestiario: Andrea Menéndez / Música: Xandre Outeiro / Coreografía: Miguel Sotelo

Elenco artístico / formación:
Alexandre Martínez Pérez (zanfona, sampler, voz, percusión, baile)
Andrea Menéndez Piñeiro (voz, percusión, baile)
Alícia Rodríguez Otero (voz, percusión, baile)
Sara Pena Couto (voz, percusión, baile)
Belén Trabazo Portela (baile)
Pedro Brañas Vázquez (baile)
Miguel Sotelo Vidal (baile, percusión)
Diego Boullosa Pintos (videocreación)
Marta Verde Baqueiro (videocreación)

Projecto ['trepia] representa un novo xeito de tratamento para a música tradicional galega. A característica básica é a fusión sen escrúpulos da mesma con novos recursos que nunca antes lle foran aplicados dun xeito metódico (como o sampleo de bases ou a utilización de recursos efectistas). Integra, asi mesmo, música, danza e video-creación, ofrecendo un espectáculo único en Galiza: o conceito base é a de-construción da música e danza tradicional (toman-se os itens culturais, analisan-se, desglosan-se e re-organizan-se dacordo á intención creativa). O resultado é unha idea completamente nova que mantén un marcado carácter de raíz.

Duración do espectáculo: 75 min.

Venda de localidades:
Entrada: 6€
Menores de 12 anos: 4€
Despacho de billetes do auditorio: 2 horas antes do comezo do espectáculo.