Ir o contido principal

Projecto ['Trepia] Presenta: "...de infinitum"

PUROFILIN Presenta: SAUDADE DE MACHÍN
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres, 6 de maio ás 22:30horas

 

Projecto ['Trepia] Presenta: "...de infinitum"

Un espectáculo dividido en dúas partes que representan os opostos que configuran a propia cosmovisión do grupo: Son, luz e escuro convivindo en ciclos alternos que se repiten... coma os “oitos” do baile da ribeirana, coma os ciclos estacionais, ou como o dia e a noite.
O repertorio tradicional mestúrase xa non só con outros estilos e recursos, mais tamén consigo mesmo. A danza non acompaña á música senon que, como sempre fora, é parte da propia música. E a escenografia visual non é ilustrativa, senon que contextualiza o espectáculo desde distintos prismas.
Todo isto converxe en ...de infinitum, para defender unha linguaxe de traballo baseada en recursos socioculturais actuais, só que empregados con liberdade.

Xandre Outeiro: zanfona, voz, percusión e baile / Marta Verde: videocreación / Diego Boullosa: Videocreación / Andrea Pino: percusión, voz e baile / Andrea Menéndez: percusión, voz e baile / Miguel Sotelo: percusión, voz e baile / Sara Pena: percusión, voz e baile / Pedro Brañas: percusión, voz e baile / Belén Trabazo: percusión e baile / Cayetano Amenábar: zanfona / Xito Outeiro: percusión / Henry Pérez: Técnico de son.

Venda de localidades:
Despacho de billetes do auditorio.
2 horas antes do comezo da función.

Prezo da entrada: 8€