Data de inicio:
Sábado, 20 de febreiro ás 21:00 horas.
Brais González, Blas Castañer e Nelson Quinteiro únense en "Projecto Nú", unha nova banda que tomará o relevo á proposta "Orquesta Gharbo!" do cangués e que fará a súa presentación absoluta no Auditorio Municipal de Cangas o vindeiro 20 de febreiro nun concerto no que non faltarán artistas convidados/as
Projecto Nú
Novos alicerces para crear un novo son en torno á música de raíz.
Dende que se coñeceron na gala de entrega de premios do III Festival Primavera de Cine en Vigo, os compoñentes do Trío Caspervek (Brais González, Blas Castañer e Eduard Vecbasticks) seguiron moi de preto a Nelson Quinteiro ata integrarse definitivamente entre os músicos dos directos do disco "Orquesta Gharbo!" que o cangués deu en ofrecer ao longo de diferentes puntos da xeografía galega.
Agora, de cara o 2016, dous dos músicos, o pianista Brais González e o percusionista Blas Castañer, man a man co propio Quinteiro únense en "Projecto Nú", unha banda que ofrece un particular xeito de abordar diferentes os diferentes temas de música tradicional e músicas do mundo que soe pendurar Nelson Quinteiro do seu repertorio.
O resultado é un son evocador, limpo, moi elegante e bastante "nú", un concepto claro para unha nova formación que traza un novo horizonte para estes artistas.
Maneos, xotas, muiñeiras, pasodobles da música tradicional galega, pero tamén tangos, fados ou corridos levados a unha coordenada de abcisas moi orixinal.
Venda de Localidades.
Anticipada:
O mesmo día:
Despacho de Billetes do Auditorio.
2 horas antes do comezo do concerto.
Prezo: 8€.


