Ir o contido principal

PROGRAMACIÓN INFANTIL. NADAL 2011

PROGRAMACIÓN INFANTIL. NADAL 2011
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

O mércores 28 de decembro ás 6 da tarde

FESTIVAL DE MAXIA. NADAL MÁXICO 11

 

O xoves, 29 de decembro ás 6 da tarde

TEATRO DO MORCEGO presenta: O GATO MANCHADO E A ANDURIÑA SIÑA

 

O venres, 30 de decembro ás 6 da tarde

MAMÁ CABRA presenta o concerto: XA ME TARDAN ESTES MAGOS

 

A Concellería de Cultura do Concello de Cangas organiza neste Nadal una programación dirixida ao público familiar, 3 espectáculos de 3 distintas disciplinas: maxía, teatro e música. O público que se achegue ao auditorio nestas datas terá a oportunidade de gozar de espectáculos profesionais de gran calidade.

Comezará a programación o mércores 28 de decembro ás 6 da tarde cun gran festival de maxia: NADAL MÁXICO 11 (VI Circuito galego da maxía), este circuito de maxia percorrerá 10 Concellos Galegos, Cangas é un dos 10 Concellos seleccionados para acoller esta actividade. En Cangas estarán os seguintes magos: MAGO ANTÓN, ROMÁN GARCÍA, MAGO RICHARD, JAVIER MURO, MAGO BENXAMÍN, KIKO PATUR.
Duración aproxiada: 90 minutos
Prezo da entradas. Adulto: 10€ - nenas e nenos: 5€

O xoves, 39 de decembro ás 6 da tarde tócalle o turno ao teatro, TEATRO DO MORCEGO representará o espectáculo: O GATO MANCHADO E A ANDURIÑA SIÑA
"Onde se viu? Unha andoriña de raza volátil falando cun gato da raza dos felinos!"
Esta é a historia dun amor imposible entre un gato e unha andoriña.
Un gato é un gato e un paxaro é un paxaro pero..., hai amores imposibles?
DIRECCIÓN: JOSE PRIETO
ELENCO: CARLOS MOSQUERA “MOS”, CELIA GONZÁLEZ, MUNDO VILLALUSTRE, MARIÁN REI, MARÍA VEIGA
VOZ EN OFF: CELSO PARADA
Duración aproxiada: 55 minutos
Prezo da entradas. Adulto: 5€ - nenas e nenos: 4€

O venres, 30 de decembro ás 6 da tarde rematá a programación cun concerto.
MAMÁ CABRA presenta: XA ME TARDAN ESTES MAGOS, una recopilación de divertidas panxoliñas de autores galegos para cantar e bailar con toda a familia.
Duración aproxiada: 60 minutos
Prezo da entradas. Adulto: 5€ - nenas e nenos: 4€

VENDA DE LOCALIDADES:

 

O mesmo día. Despacho de billetes do Auditorio: de 16:00 a 18:0horas.