Data de inicio:
Domingo, 11 de marzo ás 20:00 horas.
Dirección: Gena Baamonde.
Interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.
Escenografía: A Panadaría e Beatriz de Vega. Deseño son: A Panadaría. Deseño iluminación: Laura Iturralde e Montse Piñeiro. Vestiario: Fany Bello. Música: Ailén Kendelman. Coreografía:A Panadaría.
Idioma: Lingua galega.
Clasificación: Comedia.
Duración: 75 minutos.
Sinopse:
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).
O día da función: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo do espectáculo).


