Data de inicio:
Martes, 24 de abril ás 20:30 horas.
Adaptación da obra “Los tres pelos del diablo” dos irmáns Grimm
Escenografía, Iluminación e Dirección: Os Deslinguados
"Facendo memoria dos tempos da fame, traemos a historia do rei máis infame.
Creuse moi listo moi mal acabou, como era previsto, caeulle unha maldición"
Así comeza a obra que o grupo Os Deslinguados presenta este ano. Unha adaptación dun conto popular europeo que o grupo traslada a unha época xograresca, anticipo dos actuais noticiarios. Contos que van de boca en boca e de pobo en pobo, onde as xentes irán achegando máis detalles, reais ou máxicos, para que a historia se vaia enriquecendo co paso do tempo ata converterse en lenda. Unha morea de personaxes que se ven atrapados na mesma historia, percorrendo unha chea de lugares imaxinarios, ou non.…Un conto para toda a familia que divertirá a todas e a todos en "oito actos....e pico.


