Data de inicio:
Sábado, 14 de xullo ás 20:00 horas. (Sala de Exposicións).
Os Bolechas, O amigo Monte, a nova proposta da familia animada máis famosa de Galicia para este verán, chegará este sábado a Cangas. Pola tarde, ás 20:00 horas na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal.
Un ano máis, a divertida familia Bolechas, todo un referente galego falante para os nenos e nenas, percorre Galicia da man do programa de dinamización lingüística Falaredes cun espectáculo que promueve a participación dos nenos e nenas na nosa lingua cunha divertida aventura que servirá, ademais de para pasalo ben, para mostrarlles aos máis pequenos a importancia de coidar o monte e o xeito de facelo, iniciándoos na prevención dos incendios forestales. Para iso, Os Bolechas solicitarán a intervención do público en probas de habilidade idóneas para rapaces de 3 a 9 anos e establecerán un diálogo cos nenos e nenas sobre o monte, a súa fauna e a súa flora.


