Ir o contido principal

ODAIKO presenta: MAR ADIANTE

MAR ADIANTE
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 3 de novembro ás 18:00 horas. (Entrada de balde!).

 

Odaiko súmase á celebración do día das Letras, levando ás táboas a primeira obra publicada por Mª Victoria Moreno no 1973, chamada “Mar adiante”.

A historia dunha mestra que pon escola nun barco, o Arroás. Será no barco-escola onde nacerán os contos, ben en boca dos rapaces, da tripulación do barco ou da propia mestra. Trátase dunha adaptación teatral para público infantil-familiar cunha grande variedade de disciplinas escénicas.

Mar Adiante é a historia dunha mestra que pon escola nun barco, o Arroás. Será neste barco-escola onde nacerán os contos, integrando ao público como protagonista da acción. A tripulación-alumnado do barco-escola Arroás é partícipe dos xogos musicais e de animación propostos durante a travesía.

 

Entrada de balde!