Ir o contido principal

O RETRETE DE DORIAN GRAY Presenta: RÚA AIRE

RÚA AIRE
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 6 de marzo ás 18:00h. (6 da tarde)

O RETRETE DE DORIAN GRAY Presenta: RÚA AIRE

Autor: O Retrete de Dorian Gray / Dirección: O Retrete... Jordi Farres / Escenografía: Jose Viruta e Rafael Barreiro / Son: Pablo Rega / Iluminación: Fidel Vázquez / Vestiario: Cloti Vaello

Elenco artístico / formación:
Marcos PTT Carballido
Ezra Moreno

O Retrete de Dorian Gray, en coproducción co CDG, presenta a primeira peza do mundo con marionetas feitas con globos.
Unha vetusta máquina de procesado e inflado de globos…Un xénese nada máis empezar...Un puñado de globos emperrados en vivir...Unha ducha accidentada...Unhas malvadas tesoiras de ideas fixas...O vento que chama á porta...Un pais vítima dunha praga de bolsas de plástico...Un bombín con patas...Un final que coincide coa conclusión da obra...E iso.(polo medio, algunha cousa máis,...)Rúa Aire é a segunda grande producción do Retrete de Dorian Gray, que afonda nesta vez na súa tecnica de monicreques feitos con globos para contarnos un pesadelo inflable, agardando que o seu humor sexa comprendido ou ó menos aceptado, polo público.

Clasificación: Teatro infantil / Outros / Duración: 60 min / Público: Familiar

Venda de localidades:
O día da función: no despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo da función).
Entrada única: 3€.