Ir o contido principal

O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES espectáculo teatral máis premiado en Galicia en 2016.

O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 19 de novembro  ás 21:00 horas

 

Dirección:

Xúlio Lago

 

Reparto:

María Barcala ….. Ana.

Toni Salgado ….. Xurxo.

Alberto Rolán ….. Héctor.

Marcos Vieitez ….. David.

 

Tradución: Afonso Becerra de Becerreá. Deseño de iluminación: Baltasar Patiño / Xúlio Lago. Fotografía e deseño cartel: Tino Viz/Margen. Axudante de Dirección: Diego Rey. Música e espazo sonoro: Anxo Graña. Vestiario: Susa Porto.

 

Sinopse:

Os pais duns rapaces que asisten a uns cursos de natación infantil preséntanlle á directora do Centro as queixas sobre o inadecuado comportamento dun monitor, quen tratando de tranquilizar a un cativo, asustado ao ter que prescindir do “salvavidas” para lanzarse á piscina, abrazouno e deulle un bico, segundo lles contou aos pais unha nena compañeira de cursiño.

O adestrador explica que o único que fixo foi intentar calmar a angustia do rapaz e axudalo a tranquilizarse, pero os pais non aceptan esa versión dos feitos e o conflito, lonxe de resolverse, non para de medrar.

 

+Info.: http://www.teatrodoatlantico.com/index.php/gl/en-cartel/en-cartel-o-principio-de-arquimedes

 

 

Venda de Localidades:

Anticipada: www.ataquilla.com (ataquillacangas)

O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19 a 21 horas (2 horas antes do comezo da función).

 

Prezo: 8€.