Data de inicio:
Venres, 4 de xaneiro ás 18:00 horas.
Chequín é un espectáculo actualizado do mago Paulino Gil, que interpreta a Leonardo un máxico viaxeiro que chega ao Hotel Extravaganza onde lle espera un singular recepcionista chamado Mirilla ,e alí comeza a súa aventura.
Resumo de 2:41 minutos na ligazón: http://youtu.be/k_ AFQHx8_34
Paulino Gil conseguiu recentemente cunha versión deste espectáculo o Premio ao mellor espectáculo de Maxia cómica no Campionato mundial celebrado en Alemaña en agosto 2014.
Chequín, nome inspirado en expresión Check in que é cando se produce a entrada nun hotel, neste caso entramos a un lugar onde o imposible farase realidade.
É un espectáculo homoxéneo e dinámico no que o público participa de forma activa. Tamén é unha obra cargada de expresividade e de chiscadelas cómicas que atrapan ao público, utilizando como medio de comunicación o xesto no canto da palabra, unido a unha coidada banda musical, escenografía, e coreografía.
FICHA ARTÍSTICA
Escrito e dirixido por: Paulino Gil
Asesoría Máxica: Luís de Matogueiras
Asistencia de escena: Xullo Rapado
Residente permanente:Luís Miguel Jorge
Construción de Ilusións: Eduardo Perdigón, Carles Ferrándiz
Efectos especiais: Flash Art
Banda sonora: Matlet Music
Dirección Técnica: Eduardo Perdigón.
Venda de localidades:
Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).
O mesmo día: Auditorio, de 16:00 a 18:00 horas.
Prezo: 10€.


