Ir o contido principal

AS NOVAS TOLEMAXIAS do mago TETO

AS NOVAS TOLEMAXIAS do mago TETO
Fecha de inicio Data de inicio:

Domingo, 27 de maio ás 20:00horas. (8 da tarde)

O MAGO TETO Presenta: AS NOVAS TOLEMAXIAS do mago TETO

Mago Teto (Viana do Bolo-Galicia)

O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como O Afiador) ou de gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ‘Tolemaxias’ e “Perto de Ti”. Coorganizador de festivais de maxia en diversos puntos da xeografia española. Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico.

 

AS NOVAS TOLEMAXIAS

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos meus espectáculos, como a música en directo, o teatro, a danza… na “Maxia da Santa Compaña” e “O Afiador”, retorno a esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos tocando todas as disciplinas da maxia (dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación…) sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla. E esta menestra ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e de ilusións.

Un espectáculo de 90 min. destinado a todos os públicos.

 

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho de Billetes do Auditorio: de 18:00 a 20:00horas

(2 horas antes do comezo da función)

 

Prezos:

Nenas e nenos: 5€. / Adultos: 8€.