Ir o contido principal

NOVA GALEGA DE DANZA Presenta: TRADICCIÓN

NOVA GALEGA DE DANZA Presenta: TRADICCIÓN
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 8 de maio ás 22:30 horas

 

NOVA GALEGA DE DANZA Presenta: TRADICCIÓN

 

Autoría, dirección e adaptación: Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer

Escenografía: Nova Galega de Danza / Deseño de son: Pachi Baldomir / Deseño de iluminación: Antón Cabado / Vestiario: Stefanie Pasterkamp / Música: Pedro Lamas -Tradicional e popular de Galicia / Coreografía: Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer

Elenco artístico / formación:

Corpo de baile: Lorena Ballesteros Rodríguez, Emma Cabañas Hidalgo, Alba Vázquez Gómez, Laura García-Vera Valiente, Iván Villar Agulleiro, Vicente Colomer Busoms, Jaime Pablo, Díaz Rodríguez.

Músicos do directo: Pedro Lamas (saxo e gaita), Xabier Díaz / Toño Domínguez (voz e percusión), Suso Iglesias (acordeón), Ricardo Rozas (guitarra), Miguel Queixas (percusión), Juan Collazo (percusión, vibráfono).

A NGD atópase inmersa nun proceso de investigación, de achegamento á danza tradicional máis pura, para reinventarse a si mesma, imbuírse da nosa cultura de danza máis primaria e dar un paso máis na procura dunha danza contemporánea de marcado carácter galego. O feito de que en Galicia se baile dun xeito determinado e se faga unha música concreta define a nosa identidade. A nosa singularidade como bailaríns e músicos radica nesa identidade e é aquí onde nace Tradicción. “Míraos ben, porque non están sós no escenario… traen con eles un país enteiro que leva séculos bailando. Son a terra removéndose se a terra fose outra cousa. Son os desprexuizados. O seu valor improvisou unha innovación baixo a monotonía máis descarada. Hai necesidades que berran, e a ver quen está aí para escoitalas. E había que encher un oco. Había que respectar a tradición tirándolle das orellas, explicándolle que “contemporáneo” foi sempre todo. A pequena Babel onde se entenden coa danza. É precioso ver como se moven… Comprenden que a linguaxe do corpo, mesmo cando se fai artificio, é bastante máis veraz que a fala, que a escrita. Non hai máscara do tamaño dunha intención. A idea execútase impecable. Trátase de “aproveitalo todo” para logo tirar do filtro da elegancia, do gozo máximo que dá contar coas fórmulas dos antergos e poñerlle a guinda da reinterpretación. É o efectivo discurso das cousas que están ben feitas. Resulta imposible explicar se chegou antes a música ou o baile. Danse a man as dúas disciplinas dun xeito inseparable, fiel. Asistimos á expresión máis delicada e feliz do movemento. A sa adicción de quen non quere parar de beber da fonte da vida. O traxe da autodeterminación. É precioso ver como se moven… Botan raíces uns nos outros. Teñen cervos dentro movidos polo vento. Sorrín cara a nós sen rixidez coa alegría do adicto saciado. Sábense fermosos. Súan para que gocemos”.

+info:

www.novagalegadedanza.com

Venda de localidades:
Anticipada: www.servinova.com // Tfno.: 902 504 500
O día da función: Despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo do espectáculo).