Data de inicio:
Sábado, 15 de maio ás 22:30 horas
MOFA E BEFA Presenta: SHAKESPEARE PARA IGNORANTES
Autor: Mofa e Befa
Dirección: Quico Cadaval
Escenografía: Mofa & Befa / Deseño de iluminación: Octavio Más / Vestiario: Mofa & Befa / Música: Thomas Morley, John Wilson, Francis Cutting e Anonymous
Elenco artístico:
Evaristo Calvo, Victor Mosqueira e Quico Cadaval
“Shakespeare para ignorantes” é un dos espectáculos galegos do 2010 máis visto polo público, con máis de 7.000 espectadores en tan só 16 representacións e deixando o cartel de non hai entradas en moitas cidades como Compostela, A Coruña, Pontevedra, Noia, Carballo... Ademais Mofa e Befa recibiu o Premio María Casares ao Mellor Texto Orixinal en galego, ademais de ter 2 nominacións máis, ao Mellor Actor protagonista (Víctor Mosqueira) e ao Mellor Actor Secundario (Quico Cadaval).
IGNORANCIA.- Falta de ciencia ou de noticias sobre un asunto particular ou xeral.
SHAKESPEARE.- Creador e produtor teatral de grande suceso no século XVII.
MOFA&BEFA irrompen nunha académica conferencia sobre o famoso autor para por en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual. O riso máis cruel. As intimidades máis vergoñentas, os actos máis deshonestos e as vilanías máis astutas serán mostradas pola impiedosa máquina cómica de MOFA&BEFA. Asasinos, xuíces, bufóns, cornudos, chivatos, racistas, oportunistas, chulos, torturadores, todas as personaxes que nunca teñen o protagonismo, terán agora a oportunidade de mostrarse agora no primeiro plano.
O astuto e intelixente público de MOFA&BEFA poderá tirar valiosos recursos para resolver os problemas da sua vida privada, laboral ou pública.
Duración do espectáculo: 95 minutos
Clasificación: Teatro de adultos / Comedia
Idioma: galego
Venda de localidades
O día da función:
Despacho de billetes do Auditorio: 2 horas antes do comezo do espectáculo.
Prezo: 5€.
Carné de familia numerosa, xove, estudante, parado e pensionista: 3€


