Data de inicio:
Sábado, 24 de abril ás 20:00horas.
MARTÍN CAMIÑA Presenta: A OUTRA REALIDADE
Autor: Jose Luis Prieto
Dirección: Marcos Orsi
Dirección máxica: O Mago Antón
Deseño de iluminación: Armando Salas. Efectos especiais: Ángel Modia. Deseño escenografía: Tres Pes, S.L. Composición musical: Miguel García-Granero. Vestiario: Laura e Luisa Dovalo
Elenco artístico:
ILUSIONISTA: Martín Camiña
ACTOR: Xoque Carbajal
ARPISTA: Marta Quintana
ACTRIZ: Fani Triana
Un percorrido máxico a través da ciencia, da historia e do humor ideado no laboratorio de Martín Camiña.
"A outra realidade" fala de magos coma: Leonardo Da Vinci, Arquímedes, Einstein, Newton, etc...magos que pensaron en imposibles para descifrar a outra realidade.
O ilusionista, no presente, e o seu curmán, viaxando no tempo, amosarannos realidades paralelas, tan diferentes e tan parecidas, a través de diferentes épocas.
Ilusións con cadeiras, cordas, aparellos que modifican o noso corpo, espadas, mensaxes dende o máis alá, obxectos que levitan, etc, serán o nexo de ligazón entre o presente e as viaxes no tempo internas da obra.
Un ilusionista, un actor, unha actriz e a música en directo dunha arpista desenrolan este espectáculo, no que se mesturan pasado e presente para desvelarnos que hai algo en común en tódalas realidades: a búsqueda da ilusión e da maxia.
Clasificación: Maxia / Duración: 90 min. / Público: Familiar
+info.: www.martinilusionista.com
Venda de localidades:
Entrada:5€.
Maiores de 65 anos e menores de 12 anos: 4´5€.
Familia numerosa: 4€.
Anticipada:
O día da actuación: Despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo da función).


