Ir o contido principal

MALASOMBRA Presenta: GO ON!

GO ON!
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 12 de marzo ás 21 horas

MALASOMBRA Presenta: GO ON!

Autor: Xosé Luis Prieto
Dirección: Marcos Orsi

Elenco artístico: Jouse García e Xoque Carbajal

Escenografía: Carlos Alonso / Deseño de son e iluminación: Malasombra / Vestiario: Carlos Alonso / Coreografía: Son do dance

Duración do espectáculo: 70 minutos.
Clasificación: Teatro adultos / Comedia

Sinopse:
Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea.

"GO ON!" recopila esta experiencia límite que deixa aos do "Al filo de lo imposible" como simples boyscouts.

"GO ON!" é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situación extremas como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte.

"GO ON!" é un completo folleto turístico que servirá para que outros ousados viaxeiros saiban como conseguir alimento nas festas gastronómicas ou como identificar á Santa Compaña.

"GO ON! é un manual de supervivencia imprescindible para saber como viaxar nun tren galego a velocidade negativa cheo de galegos cantando cancións populares ou como ser porco e sobrevivir no San Martiño.

"GO ON! é unha guía de primeiros auxilios con recomendación necesarias como que facer logo de ser salvaxemente agredido por un toxo ou que facer logo de limparse o cú con ortigas.

"GO ON!" é a conferencia que percorre o mundo dende Burgos a Arkansas desvelando os misterios máis íntimos de Galicia e os seus habitantes, como cal é a orixe da frase "non me toques os suevos", cada canto tempo cambian as sábanas os da Santa Compaña, ou cal é a resposta definitiva á pregunta máis trascendente de todas as preguntas: "Que din os rumorosos na costa verdecente?"

"GO ON!" . Unha odisea cómica no espacio galego.

Venda de localidades:
O día da función: Despacho de billetes do auditorio
De 19 a 21horas. (2 horas antes do comezo da función).

Prezo da entrada: 5€.