Ir o contido principal

IBUPROFENO TEATRO presenta: RACLETTE

IBUPROFENO TEATRO presenta: RACLETTE
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:
Sábado, 30 de xaneiro ás 21:00 horas.
 
(Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014).
 
Autor e dirección:
SANTIAGO CORTEGOSO
 
Reparto:
TONI SALGADO................Raúl
DEBORAH VUKUSIC.......Paula
MARIÁN BAÑOBRE.........Vero
IRIA SOBRADO.................Miriam
SALVADOR DEL RÍO........Mario
 
Espazo escénico e imaxe: Diego Seixo. Iluminación: Salvador del Río. Vestiario: Marián Bañobre.Maquillaxe e peiteado: Trini F. Silva. Son: Quito. Vídeo:José V. Estonllo.  Cobertura Técnica: Ningures Produción, S.L. Axudante de dirección: Rubén Pérez. Producción e Distribución: Ibuprofeno Teatro.
 
Sinopse:
A Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela -a medida que comían- queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, cinco personaxes que conforman un complexo mosaico humano. Provoca un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles pero que han de convivir a pesar das diferenzas. Son cinco universos que reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes.
 
Duración do espectáculo: 75 minutos.
 
Idioma: Galego.
 
Venda de Localidades.
Despacho de Billetes do Auditorio.
2 horas antes do comezo da función.
 
Prezo: 8€.