Ir o contido principal

IBUPROFENO TEATRO presenta: CASA O´REI

CASA O´REI
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 28 de abril ás 21:00 horas.

 

Autor e director: Santiago Cortegoso.

Elenco: Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira, Xosé M. Esperante.

Deseño e realización da escenografía:Pablo Giráldez "Pastor". Banda sonora: Caxade. Deseño de iluminación: Salvador del Río. Vestiario: Marián Bañobre. Maquillaxe e peiteado: Baia Fernández. Imaxe: Diego Seixo.

 

Sinopse:

Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do "Rei Lear" de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

 

Venda de Localidades.

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O día da función: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo do espectáculo).

Prezo: 5€.