Data de inicio:
Sábado, 16 de abril ás 18:00 horas.
Musical infantil de 45 min. de duración, dirixido ao público infantil de 2 a 6 anos. Baseado na obra pictórica “Concierto de aves” de FRANS SNYDERS, a petición do Museo Nacional del Prado dentro do marco das actividades desenvolvidas para o público familiar e infantil que visita o Museo durante os anos 2015 e 2016.
Guión y Dirección: Chisco Casteleiro.
Actores / Manipuladores: Ana Conca / Belén González / Victoria Pérez / Chisco Casteleiro / Pepablo Patinho.
Voz en Off e Cantante: Ana Conca
Construcción de Puppets, Atrezzo e Decorados: Galitoon
Música: Tony Torres
Deseño Gráfico:Carlos Sánchez
Sinopse:
Desde sempre, a misión das cegoñas foi a de levar os bebés recentemente nacidos aos brazos dos seus pais, voando sempre en grupos ou bandadas.Pra iso, foron dotadas duns picos longos e fortes, unhas ás grandes e poderosas e unha forma de voar elegante e firme que lles fai poder percorrer grandes distancias ata chegar aos seus destinos. Pero un día, Güilly, unha pequena cegoña, decidiu que xa era maior para levar un hatillo cun bebé aos seus pais, o cal, ao ter o pico cortiño, as ás pequenas, pero sobre todo, ao ser aínda pequeno e non poder seguir o ritmo de voo, a negativa da comunidade das cegoñas foi unánime. Aínda que un día, sen saber moi ben como, as Cegoñas adultas esquecéronse un hatillo cun bebé moi peculiar. Que pasará a partir de aquí?, Quen levará a ese bebé até os seus pais?... Aquí comeza a gran aventura, e unha historia cargada de diversión, humor e música, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia pero sobre todo, o importante que é voar sempre en grupo e nunca só, para protexernos dos perigos que nos podemos atopar.
Venda de Localidades.
Despacho de Billetes do Auditorio.
(2 horas antes do comezo de cada función).
Prezos: nenas e nenos: 3€. Adultos: 5€.


