Ir o contido principal

GALA ANO DO PATRIMONIO

GALA ANO DO PATRIMONIO
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

Sábado, 16 de decembro ás 20:00 horas.

A gala estará presentada pola actriz Isabel Risco e contemplará actuacións de regueifa, teatro e música relacionadas con diferentes aspectos patrimoniais.

O músico Xurxo Souto formará parte do elenco de artistas acompañando a Coral Polifónica de Bueu, coa canción mariñeira como protagonista.

No campo musical actuarán tamén o grupo de tradición galega Pelepau e o gaiteiro Xosé Manuel Budiño acompañado de Mercedes Peón.

Máis aló  do apartado musical, as artes escénicas terán un papel desatacado na gala. Teatro de Ningures escenificará un fragmento da súa montaxe teatral "Defensa da vila", espectáculo basado no feito historico do ataque de piratas berberiscos a vila de Cangas o 9 de decembro de 1617.