Ir o contido principal

eme2 presenta: MONÓLOGO DO IMBÉCIL

MONÓLOGO DO IMBÉCIL
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 17 de setembro ás 21:00 horas.

Autor e director: Jose Prieto
Intérprete: Xosé Antonio Touriñan

Asesoramento lingüístico: Sandra Romaris e Xocas López. Espazo sonoro e iluminación: Anxo Graña. Vestiario:Mari Seoane.
Maquillaxe: Susana Veira Castellvi. Fotografía: Aigi Boga. Deseño gráfico: Roi Fernández (LeGráfica). Comunicación: Sonia Díaz. Deseño de produción: Julio Perugorría. Produción executiva: Mercedes Castro. Técnico en xira: Anxo Graña. Distribución: Julio Perugorría.
Sinopse:
 
A Santi todo lle sae mal. El procura comportarse como os demais, ten ilusión por ir a  escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar con una rapaza coma todo o mundo, pero sempre  sucede algo que acaba deixándolle cara de parvo.

É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E as veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí........coma un imbécil”.
Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle sentido as cousas, e remontase ao momento mesmo da súa concepción e aínda máis, cando so existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a hIlalo todo dende o principio ata o preciso momento en que llo conta ao público.
Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega.

Xenero: Comedia.
 
 
Venda de localidades:
Anticipada:
 
O mesmo día:
 
Despacho de billetes do auditorio, de 19 a 21 horas (2 horas antes).
Prezo: 12€.