Ir o contido principal

EDUCA TEATRO presenta: O mundo máxico de PINOCHO

O mundo máxico de PINOCHO
Fecha de inicio Data de inicio:

Martes, 27 de decembro  ás 18:00 horas

Sinopse:
 
En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi. Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.
 
A proposta, de 60 minutos de duración máis fotografías ao remate da función cos protagonistas, mestura diferentes técnicas, como o teatro musical con voz e piano en directo, a maxia de grandes ilusións, as sombras chinesas e os corpóreos. Un completo espectáculo no que a participación do público será constante, e que está especialmente pensado para o público familiar con cativos a partir de 2 anos.
 
Tralos éxitos acadados cos musicais de 'Os tres porquiños' e 'Carapuchiña Vermella', EducaTeatro Producións® volve percorrer Galicia renovando os clásicos da literatura infantil, desta volta, con 'O mundo máxico de Pinocho'.
 
Idioma:
Galego
 
Duración:
60 minutos
 
Público:
Infantil e Familiar
 
 
Venda de Localidades.
Anticipada: 8€. Ataquilla.com
O mesmo día: 10€. Despacho de Billetes do Auditorio, de 16 a 18 horas.