Ir o contido principal

CONTRAPRODUCIÓNS presenta: O TOLLEITO de Inishmaan

O TOLLEITO de Inishmaan
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 6 de maio ás 21:00 horas.

 

Autor: Martin McDonagh.

Dirección e adaptación:Cándido Pazó.

Escenografía: Carlos Alonso.

Música: Guillerme Fernández.

Iluminación: Afonso Castro.

Vestiario: Carlos Alonso / Belén Pichel.

Interpretación: Santi Romay, Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro, Luis Iglesia.

Sinopse: Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e  como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar;  un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado  como calquera outro. 

Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música  emocionante, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a  tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.

Duración:  100 minutos.

Idioma: Galego.

 

Venda de Localidades.

Anticipada: ataquilla.com (en google: ataquillacangas) // Tfno.: 902 504 500.

O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo da función).

 

Prezo: 8€.

Pensionistas e xubilad@s, demandantes de emprego, carné xove e estudantes: 5€.