Ir o contido principal

CONTRAPRODUCIÓNS presenta: A COMPAÑEIRA DE PISO

A COMPAÑEIRA DE PISO
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 30 de marzo ás 21:00 horas.

 

Texto orixinal: Jen Silverman.

Dirección: Belén Pichel e Candido Pazó.

Intérpretes:  Patricia Vázquez e Rebeca Montero – Coa colaboración na voz en off de Xose Barato como fillo de Sharon.

 

Adaptación: Lilian Portela.

Iluminación: Afonso Castro.

Escenografía e Vestiario: Carlos Alonso.

Caracterización: Rebeca Montero.

Música orixinal: Guillerme Fernández.

 

Combinando sutileza e comicidade a partes iguais, A compañeira de piso trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido.

Dende o seu paso polo Humana Festival (Louisville, Kentucky) en 2015, a obra A compañeira de piso (The Roommate), de Jen Silverman, leva sendo representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos ata o día de hoxe. Destacada pola crítica americana como unha mestura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”, Contraproducións presenta a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.

 

Sinopse:
Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

 

Venda de localidades:

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, de 19:00 a 21:00 horas. (2 horas antes do comezo da función).

Prezo: 5€.