Data de inicio:
Venres, 19 de marzo ás 21:00hs.
Dirección musical: SERXIO COBOS
Bailaríns: TANIA AMENEIRO, BEATRIZ DÍAZ, ROMINA BASTÓN, MIGUEL SOTELO, MANUEL COBAS, SARA ESTÉVEZ, SERXIO COBOS.
Son e iluminación: SONART
Técnicos de son: Andrés Gomez e Michi Castro
Técnicos de iluminación: Suso Jalda e Fran Soaje
Vestiario: Patricia González
Circio é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.
A súa primeira produción, Baile de Soños, é un espectáculo con música en directo, onde se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de ledicia e tristura. O amor e o desamor flúen a través das melodías creadas por damas musicais ao mesmo tempo ca uns monicreques bailan ao cobraren vida.
Quen non soñou con bailar…?
Ás veces os soños só se cumpren nos propios soños,... non deixes que isto suceda: fai realidade o teu…
Clasificacion: Danza / Duracion: 70 minutos / Idioma: Galego
Venda de localidades:
Entrada: 8€.
Carné xove, carné de estudante e menores de 12 anos: 4€
Anticipada:
O día da actuación: Despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo do acto).


