Data de inicio:
Venres, 22 de novembro ás 21:00 horas.
FECIGA – 25 N Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Título orixinal: 16 de Decembro
Dirección e guión: Álvaro Gago
Ano: 2019
Duración: 13:51′
País de producción: España
Lingua: Galego
Sinopse: Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado a outro. Os corpos buscan introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vinte e cinco anos, sae de adestrar a balonmano e vai buscar ao seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.
O director: (Vigo, 1986). Álvaro estuda comunicación e música en Pontevedra, teatro en Chicago e cinema na London Film School, na que se gradua no 2013 coa curta Curricán, gañadora do premio á mellor dirección en Curtocircuito e á mellor película no Festival de Cans. En Londres, establécese como director e montador e compaxina o seu traballo coa impartición de clases na Young Film School e a organización do Galician Film Forum.
A súa última curta obtén unha nominación aos Goya 2019 e gaña mais de sesenta premios, entre eles o Mestre Mateo 2018 e o gran premio do xurado no Festival de Sundance 2018. Ese mesmo ano realiza a montaxe de Trote, a primeira película de Xacio Baño, que ten a súa estrea mundial no Festival de cine de Locarno 2018 e nacional no Festival de San Sebastián 2018.
A súa seguinte curtametraxe 16 de decembro ten a súa estrea internacional no Festival de Locarno 2019. Actualmente está desenrolando o guión da súa primeira longametraxe titulada Algo parecido á felicidade
Premios
- Festival del Film Locarno (Suiza)
- AFI Fest – Los Angeles
- El Gouna Film Festival (Exipto) – Mención Especial
- ABYCINE – Festival de Cine de Albacete – Mellor Curtametraxe
- Festival cinema Méditerranéen Montpellier – CINEMED (Francia)
- Leeds int. Film Festival (UK)
- Bogoshorts – Bogotá Short Film Festival
- Cinema Jove – Festival Internacional de Cine de Valencia
- Reykjavík International Film Festival (Islandia)
- Semana Internacional de Cine de Valladolid – SEMINCI
- ALCINE – Festival de Cine de Alcalá de Henares
- Curtocircuito – Fest. Int. de cine de Santiago de Compostela – Mención Especial
- FicBueu – Festival Int. Curtametraxes
- Festival de Cine de Madrid PNR
- Cortogenia – Temporada de estrenos de cortometrajes
- FASCURT – Festival de curtmetratges del Masnou
- FICBE – Festival Int. de Cortometrajes de Temática Social Berriozar – Mellor Curtametraxe
- Festival de Cortos Diputación de Jaén contra la Violencia de Género — Mellor Curtametraxe
- Cormorán Film Fest – Premio do público
SUC DE SÍNDRIA
Título orixinal: Suc de Síndria
Dirección: Irene Moray
País de producción: España
Ano: 2019
Duración: 22’
Lingua: Catalán
Sinopse: Bárbara e Pol vanse uns días de vacacións. Rodeados de natureza e amigos, buscan pasalo ben e á vez atopar un espazo tranquilo para gozar da súa intimidade.
Co apoio de Pol, no medio da natureza, entre bágoas e risas, Bárbara aprende a soltarse, sanar vellas feridas e redefinir a súa sexualidade.
A Directora: Irene Moray (1992) é fotógrafa e cineasta. En 2012 trasladouse a Berlín e durante tres anos formou parte do colectivo de performances the – – family, co cal actuou en distintas entidades culturais por toda Europa, como o Astrup Fearnley Museum de Oslo ou a Chisenhale Gallery de Londres.
Durante a súa estancia en Berlín dirixiu o seu primeiro curto de ficción: Bad Lesbian. Logo de catro anos en Alemania, decidiu volver á súa terra natal onde rodou o seu último curto como guionista e directora: Suc de síndria. Traballa como fotógrafa para distintas axencias, productoras e editoriais como i-D, Dream Magazine, Garage Films, Distinto Films ou Erika Lust.
Festivais, premios e mencións (2019)
- 69º Internationale Filmfestpiele Berlin, Berlinale Shorts, EFA (European Film Awards) Nomination
- TIFF – Toronto International Film Festival, Sección Internacional
- Chicago International Film Festival
- BFI – London Film Festival
- Festival de Málaga. Sección Oficial de Curtametraxes, Mellor actriz (Ex aequo) Elena Martín
- Semana de Cine Medina del Campo, Certamen Nacional de Curtas, Roel de Plata, Mellor Actriz
- Las Palmas de Gran Canaria International Film Festival, Sección informativa Panorama España
- IndieLisboa – International Independent Film Festival
- TOFIFEST – International Film Festival – Grand Prix
- Stockholm Film Festival
- Encounters – Bristol Short Film and Animation Festival
- BAFICI, Buenos Aires Festival Int. de Cine Independiente, Competencia Oficial Internacional
- 37º Festival Cinematográfico Internacional de Uruguay, Competencia Oficial Internacional
- D’A Film Festival Barcelona, Cortos Un Impulso Creativo, Premio del Publico
- KuzFilm Festival Hamburgo, International Competition
- Premios Pávez-Festival Nacional de Cortometrajes de Talavera de la Reina, Sección Oficial
- Festival de Cinema de València- Cinema Jove , Sección Oficial de Curtametraxes
- Premio Feroz á Mellor Curtametraxe
- Festival Internacional de Cine Independiente de Elche, Secció Oficial
- Melbourne International Film Festival, International Shorts
- Curta Kinoforum – São Paulo International Short Film Festival, Sección Internacional.


