Ir o contido principal

CARMEN PENIM presenta: HERDEIRAS

HERDEIRAS
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 17 de marzo ás 21:00 horas.

 

Voz: Carmen Penim.

Violoncello: Margarida Mariño.

Violín: Carmen Gallego.

Percusión: Miguel Paz.

Piano: Mauricio Polsinelli.

Danza e coreografía: Xiana Vilas.

Concerto en lingua galega.

Duración: 60 minutos.

 

Sinopse:

Carmen Penim presenta con HERDEIRAS un traballo único, que une música, poesía, danza e audiovisual en torno ó tema da memoria das mulleres. Unha valente aposta pola identidade feminina e o rescate de valores como a solidariedade, a conciencia histórica e a reconciliación. Pero a pesar da temática, lonxe de ser un concerto triste, é dunha grande intensidade, vitalidade e emoción. Un verdadeiro camiño dende a escuridade ata a luz. Catarse e esperanza envoltos na mellor música interpretada principalmente por mulleres. No espectáculo proxectaráse a curtametraxe que para Herdeiras fixo a cineasta e académica Margarita Ledo. Os textos son de mulleres poetas actuais e a música é orixinal de Carmen Penim. Nela déixase sentir claramente o jazz, contexto no que ela medrou como cantante, con influencias de músicas do mundo  folk. A música conta tamén con elementos teatrais na interpretación que fan do espectáculo unha experiencia única, inesquecible para o público.

 

Venda de Localidades.

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O día da función: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo do espectáculo).

Prezo: 5€.