Ir o contido principal

Carlos Blanco presenta: Os Mellores Monólogos

Carlos Blanco presenta: Os Mellores Monólogos
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado 29 de febreiro ás 20:00 e ás 22:00 horas (2 funcións)

 

Sinopse: Dificil escoller pero Carlos Blanco decide revisar algúns dos seus mais coñecidos monólogos. As bravas da Arousa (Queres Kiwis?), A dobraxe porno, Galizara, As grandes frases das nosas avóas e avós... 60 minutos de risas garantizadas, porque Carlos introduce ademáis cada noite elementos de actualidade e improvisación. Carlos adapta, xoga, fai jazz coa palabra e resulta imprescindible nestes tempos onde a risa é algo máis ca terapéutica. O mellor do mellor. Os monólogos escollidos de Carlos Blanco. 30 anos de traxectoria resumidos, barallados, disfrutados cada noite.

Non recomendado a menores de 13 anos.

Venda de localidades:

  • Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas) / Tfno.: 902 504 500.
  • O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo da función.
    Prezo: 10€. Prezo mínimo sen comisión.