Ir o contido principal

CARLOS BLANCO E LUIS DAVILA presentan: MENÚ DO DÍA

MENÚ DO DÍA
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 26 de decembro. 2 Funcións:  ás  20:00 e ás 22:30 horas.

Autor e Director: Carlos Blanco
Deseño Son e Deseño Iluminación: Dani Juncal. Escenografía e vestiario:Carlos Blanco. Axudante dirección: Lois Blanco. Música: Budiño, Berrogüeto. Adaptación e direccion musical da coral: Ramón Orencio. Voces Coral: Uxía, Mónica de Nut, Xabier Díaz, Budiño, Fuco Sangiao e Ramón Orencio. Animación: Kiko Da Silva. Coreografía: Xabier Díaz.
 
Duración: 80 minutos aprox.
 
Xénero: Comedia. Para maiores 14 anos
 
Sinopse:
Un experimento, un encontro, un formato novo onde dous consagrados humoristas, Luis Davila e Carlos Blanco, unen inxenios para, nun traballo estéticamente impecable, dar unha volta de torca ao monólogo humorístico para trasladalo a un directo hipnótico, onde a retranca dita e debuxada simultaneamente, obrigan ao espectador a non saber moi ben nalgún momento a onde prestar atención.
Un proxecto premiado coa asistencia masiva de público a cada unha das suas representacións, probado en teatros e mesmo ao aire libre con éxito.
Un encontro de dous amigos cun lugar común. O humor.
E absolutamente galego.
Davila e Blanco traballan xuntos, á par, elaboran cousas novas cada noite e disfrutan e fan disfrutar ao público con historias sobre a Garda Civil, as bravas do país, ou o fútbol.
 
Venda de Localidades.
 
Venda anticipada:
Ataquilla.com // Tfno.: 902 504 500.
 
Venda de entradas o mesmo día:
Despacho de Billetes do Auditorio.
(2 horas antes do comezo de cada función).
 
Prezo: 8€.