Ir o contido principal

CARLOS BLANCO E LUIS DAVILA presentan: MENÚ DA NOITE

MENÚ DA NOITE
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 11 de xuño  ás 20:00 horas.

 

Autor e Director: Carlos Blanco.

Elenco: Carlos Blanco, Luis Davila

Deseño Son e Iluminación: Dani Juncal. Videotécnica:Daniel Vázquez. Escenografía e vestiario: Carlos Blanco. Axudante dirección: Lois Blanco. Música: Budiño, Kepa Junquera. Adaptación e direccion musical da coral: Ramón Orencio. Voces Coral: Uxía, Mónica de Nut, Xabier Díaz, Budiño, Fuco Sangiao e Ramón Orencio.

Animación:Ramón Díaz e Diego Pérez / Monkeidonkei. Deseño cartaz e fotos: Marcos Martínez e María Gutiérrez.

Duración: 80 minutos aprox.

Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos.

 

Sinopse:

Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense esmokin para sachar como é debido.

E ata cociñan caldo en directo. Literalmente.

O debuxante de bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto.

Desta volta viaxan a broadway.

Cos sachos, claro.

E bailan (?) claqué e todo.

Animación incluída.

Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo.

Menú da Noite.

I+D

Con música de budiño e kepa junquera.

Risas aseguradas (e debuxadas).

 

Venda de Localidades.

Anticipada:

Ataquilla.com // Tfno.: 902 504 500.

 

O mesmo día:

Despacho de Billetes do Auditorio.

(2 horas antes do comezo da función).

 

Prezo: 10€.