Ir o contido principal

BUTACAZERO Presenta: NA BUTACA [Fantasía nº3 en Dor Maior]

NA BUTACA [Fantasía nº3 en Dor Maior]
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 22 de setembro ás 21:00 horas.

 

Chega a Cangas Na butaca con motivo do día Mundial do Alzheimer

A representación terá forma de Teatro-Concerto xa que a actriz Pepa Barreiro estará acompañada ao piano polo virtuoso Peter Jensen Velpister.

Pepa Barreiro, que xoga na casa pois fai moitos anos que reside en Cangas do Morrazo -onde desenvolveu a maioría da súa traxectoria teatral da man de Teatro de Ningures- compartirá escena esta vez con Peter Jensen Velpister, un verdadeiro virtuoso que acompañará o monólogo teatral en todo momento ofrecendo ao espectador así un espectáculo que por unha banda é teatro e, pola outra, concerto.

Na butaca [Fantasía nº3 en Dor Maior] é unha peza poética que, dende un punto de vista optimista, aborda unha temática que por desgraza a moitos nos toca de cerca: a das persoas que sufren demencia senil ou alzheimer. A obra, partindo da idea do vivir no presente dunha personaxe sentada na butaca e esquecida -perdida do seu pasado e do seu futuro, tamén- achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; felicidade ou rabia.

 

En escena: Pepa Barreiro e Peter Jensen Velpister.

Texto e dirección: Esther F. Carrodeguas

 

Luz: Laura Iturralde. Asesoramento vocal: Cristina Dominguez. Asesoramento corporal: Olga Camaselle. Psicóloga Social (Deseño Teatro Fóro): Amantia Coello. Fotografía cartel: Merce Ares. Vídeo e Fotografías: Lara Bacelo.

 

Tipo de espectáculo: Teatro contemporáneo.

Tipo de público: Adulto

 

Sinopse:

Unha actriz. Un piano. Unha peza que  nos leva dentro da mente dunha muller  que esqueceu o seu pasado e o seu futuro, e, polo tanto, vive no presente.

Unha viaxe emocional da tranquilidade á anguria; da rabia á felicidade. Da man da protagonista imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente.

Na butaca, se ben tenta ser unha reflexión arredor do esquecemento, remata por ser un alegato a favor da vida vivida no presente.

Ao fin e ao cabo, quen non pensou algunha vez que o esquecemento nos faría máis felices?

 

Venda de localidades:

Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo da función.

Prezo: 5€.