Ir o contido principal

THE BEST OF LEO BASSI

THE BEST OF LEO BASSI
Fecha de inicio Data de inicio:

Domingo, 15 de abril ás 20:00 horas
 

Fai 6 xeracións, un antepasado de Leo Bassi loitou á beira de Garibaldi antes de crear un dos primeiros circos modernos da Toscana. Naquel entón, co auxe do Vaudeville, o avó Británico de Leo, Jimmy Wheeler, era unha das estrelas do London Palladium antes de ser o pioneiro da comedia en T.V. nos temperáns anos da BBC.

Máis que continuar unha tradición teatral, o seu propósito é manter vivo, na realidade de hoxe, o espírito tarambana e provocador que foi o selo dos Bassi desde que a familia está no negocio. Para Leo, o entretemento non só é pracer e diversión, ¡é unha escusa!. O significado real de calquera espectáculo debería ser máis que nada, dar á xente unha experiencia apaixonante, sensacional e estremecedora.

Amado ou odiado polo bufón que é, leo nunca buscou o consenso como artista ou como home. A súa arte, libre de convencións, ofrece ao publico unha experiencia apaixonante, sensacional e estremecedora, onde a provocación é unha linguaxe e non un propósito.

THE BEST OF LEO BASSI

Novo especáculo no que repasará o mellor da súa carreira ao longo de aproximadamente unha hora e media de duración na que poderemos gozar co herdeiro dunha estirpe de pallasos que fixo da risa un arma pacífica para o cambio. Os mellores e mais famosos e divertidos sketchs de Bassi sobre as relixións, a banca, a dereita, o capitalismo...

Como o Fénix que renace das súas cinzas, a palabra Utopía volveu ao noso léxico político logo de décadás de ostracismo. No curto lapso de tempo dunha noite electoral, a vitoria de Obama cambiou radicalmente o clima político rompendo a negatividad que ameazaba a visión do futuro.

Este feito, imprevisible cando comezou a pensar no seu novo espectáculo, crea un marco sorprendente e inmellorable para apreciar a forza dos argumentos da máis ambiciosa das súas obras: ¡UTOPÍA!, que trata, con alegría, da verdadeira historia do Progreso e do Futuro. Con todo, o acerto na elección do tema non é só atribuíble ao fluír da sorte.

VENDA DE LOCALIDADES

ANTICIPADA: RESERVA XA NO TFNO.: 981 582 836

VENDA O DÍA DA ACTUACIÓN:

Despacho de billetes do Auditorio de 18:00 a 20:00horas.

(2 horas antes do comezo da función).

PREZO DA ENTRADA 10€