Data de inicio:
Mércores, 23 de decembro ás 18:00 horas
BERROBAMBÁN Presenta: "BICHARADA"
Autor: BerrobambánDirección: Evaristo CalvoEscenografía: Pablo "pastor"Son: Arturo Vaquero - Abrigueiro EstudiosIluminación: Fidel VázquezVestiario: Clotilde Vaello
Elenco artístico / formación:
Paula Carballeira: Araña
Chiqui Pereira: Escaravello
Manolo Panforreteiro: Formiga
Patricia de Lorenzo: Voz en off
Unha araña e unha formiga viven tranquilas na paz do seu recuncho. Até que un día aparece un animal misterioso ..... un escaravello!
BICHARADA é un equipo de bichos de excepción
Desde a primeira luz o público –nenas e nenos, grandes e pequenos- entra no mundo de Bicharada descubrindo e disfrutando do fantástico traballo que conseguiu vertebrar o equipo de Bicharada. A escenografía, o vestiario, a iluminación .... todo vai encamiñado a entrar e sentir esta historia tan máxica como simple, tan sincera como divertida, tan imaxinaria como real.
Público familiar Entrada: 2€
(Venda de entradas sen numerar)


