Ir o contido principal

BAOBAB TEATRO presenta: O LOBO E A LÚA

O LOBO E A LÚA
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 12 de marzo  ás 18:00 horas.

Dirección: Óscar Ferreira e Andrea Bayer

Guión: Andrea Bayer
Dirección de manipulación: Óscar Ferreira
Elenco: Xosé Manuel Esperante / Cora Sayers
Deseño de escenografía: Óscar Ferreira
Escenografía: Óscar Ferreira e Juan Silva
Vestiario: Baobab Teatro
Música: Elena Paz e Xosé Liz
Deseño de iluminación: Daniel Abalo
Deseño sonoro: Daniel Abalo
 
Público: A partires de 2 anos de idade.
 
Sinopse:
Había unha vez un pequeño lobo que vivía no prado azul, el precisaba falar coa lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.
No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non.
No prado azul esta noite, ninguén pode durmir!
O lobo e a lúa é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas, Ninguén é tan bo como aparenta nin tan malo como parece Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da LÚA. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e de amor.
 
 
Venda de Localidades.
 
Despacho de Billetes do Auditorio.
De 16:00 a 18:00 horas. (2 horas antes do comezo da función).
 
Prezos:
Nenas e nenos: 3€.
Adultos: 5€.