Ir o contido principal

AXENDA CULTURAL DO AUDITORIO

AXENDA CULTURAL DO AUDITORIO
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

Sábado, 7 de marzo ás 21horas

MIROSCOPIO PERDICIÓN Presenta: CACHAI

Autor: Pepe de Jiménez / Dirección: Pepe de Jiménez / Escenografía: Plan de Fugas / Son: Chinches y Blues / Iluminación: Ximo Rojo / Vestiario: Vicenta Gilabert

Elenco artístico / formación: Adán Rodríguez e Lucas Escobedo
Cachai introdúcenos nunha viaxe. Unha viaxe que se inicia cando non queda nada, ás veces familia, casa, traballo, identidade legal, saúde ou afecto. A vida entón acontece grazas á insistencia por agarrarse a ela. Nunha loita constante por non perder a dignidade. Nunha loita por sobrevivir. Cando non queda nada é preciso renacer. Renacer despois da perda. Renacer desde a carencia. Renacer dos anónimos, daqueles dos que ninguén se lembra, das vítimas. Dos inocentes. Dá igual se ocorre en Galicia, en Marrocos, en Chile ou en Palestina. Cachai?

Clasificación: Drama / Duración: 80 min. / Idioma: Castelán / Público: Adulto.

Entrada: 4€. Carné xove, estudante, familia numerosa e +65 anos: 2€.

 

Domingo, 8 de marzo ás 18horas

BERTO ROMERO Presenta: LA APOTEOSIS NECIA

A apoteose necia é un show cómico que combina monólogos humorísticos e música en directo. a apoteose necia segue a traxectoria vital dun personaxe a través das súas desgrazas persoais,mesturadas coas súas tamén erradas experiencias amorosas e laborais. Cheo de sorpresas, cancións e divertidas reflexións sobre a vida e o xeito de entender o mundo.

Clasificación: Monólogo cómico / Público: Adulto

Entrada: Butaca 17€ Anfiteatro 15€