Data de inicio:
Sábado, 9 de abril ás 21:00 horas.
Idea orixinal e dirección: Gena Baamonde.
Intérpretes: Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez
Texto Orixinal e Remix: Alfredo Rodríguez, Olga Cameselle, Gena Baamonde
Outros Textos (Manipulados): Angélica Lidell, Borges, Sonya Lyubomirsky, Antonio Damasio, Flora Davis.
Producción: A Artística.
Audiovisual: Cristóbal Arteaga.
Deseño Gráfico: Vanesa Alvarez.
Distribución: Ismael Arias.
Fotografía: Vanesa Alvarez e Cristóbal Arteaga.
Agradecementos: María Méndez, La Canalla e Leo Bobadilla e Xesús Valle.
Sinopse:
Arquitectura da emoción sitúa en escena a un actor, Alfredo Rodríguez e a unha bailarina, Olga Cameselle , nun espazo escénico cheo de obxectos, partindo da idea do mapa das emocións, da cosificación dos sentimentos e a sentimentalización dos obxectos. Unha especie de mapa, de maqueta, de figuras formadas por obxectos ordeados no chán. Acompañando tamén ao interese pola memoria metida en botellas, lanzadas ao mar.
Os propios intérpretes, donos absolutos da escena, fanse cargo da iluminación e do son variando e transformando o espazo segundo o requira o xogo interpretativo. As acción preséntanse a xeito de collage, xogando á oposición e contraste e recorrendo a pequenos leimotivs e/ou repeticións para acadar certa unidade. As accións formarán, por veces unha xustaposición de imaxes e estilos ao contrastar a palabra falada co movemento e o xesto.
Achégaselle información en documento adxunto.
+info:
Venda de Localidades.
Despacho de Billetes do Auditorio.
(2 horas antes do comezo de cada función).
Prezo: 6€.


