Data de inicio:
Texto Principal: Teté García, Merche Pérez, Diana Mera.
Outros Textos: Silvia Plath, Clarissa Pinkola.
Espazo escénico e Iluminación: Diego Valeiras.
Música en directo para piano: Teté García.
Sinopse: 30 e tantos ósos é unha viaxe de catro mulleres de 30 e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas, adoptando condutas alleas, deciden transcender a pel e a carne a través da figura mítica da Loba, para chegar os seus ósos, á materia máis elemental, onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva e se atopa, desterrado, o seu potencial máis vital e salvaxe.
Duración: 70 minutos.
Idioma:Galego.
Anticipada: ataquilla.com (en google: ataquillacangas) // Tfno.: 902 504 500.
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo da función).
Pensionistas e xubilad@s, demandantes de emprego, carné xove e estudantes: 5€.


